Monday 13 de May de 2024

O arcebispo de Santiago de Compostela visita a parroquia de Loureda (Boqueixón)


A anterior visita dun arcebispo á zona foi hai cincuenta anos

Cincuenta anos despois, a Igrexa de San Pedro, na parroquia de Loureda (Boqueixón), volveu recibir a visita dun arcebispo de Santiago de Compostela. Monseñor Francisco José Prieto oficializou na mañá de onte domingo 27 de agosto unha misa na honra a San Antonio e San Roque. Así mesmo, tivo palabras para Valeria e Elsa, dúas nenas que proximamente farán a súa primeira comuñón na igrexa de San Pedro de Loureda.

Os fieis realizaron a procesión de San Antonio e San Roque, que por primeira vez saíron de xeito conxunto. Unha procesión á que se sumou o alcalde, Ovidio Rodeiro; o concelleiro de Servizos e Obras Públicas, Manuel Fernández Munín; e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde Leis.

A veciñanza amosouse moi contenta coa misa e destacaron a proximidade do arcebispo Francisco José Prieto, lembrando que a última vez que un arcebispo visitara esta parroquia foi no ano 1973.